
Adif licitou este martes o proxecto construtivo para dotar de sistema de protección ERTMS o Eixo Atlántico ferroviario entre A Coruña e Vigo.
O Eixo Atlántico consta de 155,6 quilómetros e conectará a partir deste mes, segundo as previsións, as dúas principais cidades galegas en 70 minutos -con paradas en Santiago e Pontevedra- fronte aos 120 do tren convencional.
O Boletín Oficial do Estado publica esta xornada a licitación do proxecto construtivo e de mantemento para dotar á liña do sistema de seguridade ERTMS por 68,7 millóns de euros.
As empresas teñen ata o 1 de xuño para presentar as ofertas e o prazo máximo de execución das obras, unha vez adxudicado, será de 12 meses.
Posteriormente haberá 6 meses de prazo máximo para probas de validación e posta en marcha. O mantemento será por 240 meses e comezará a contar tres meses antes de que finalice o período de proba.