miércoles. 08.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 08.12.2021
El tiempo

Adeus ao veroño: as choivas chegan este sábado a Galicia

Personas cubriéndose con paraguas en la calle Michelena. RAFA FARIÑA (ADP)
Personas cubriéndose con paraguas en la calle Michelena. RAFA FARIÑA (ADP)
As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso

Unha fronte irase achegando a Galicia durante a xornada do sábado, de forma que a nebulosidade irá en aumento desde ou oeste, con choivas que comezarán a partir do mediodía polas comarcas atlánticas e iranse estendendo ao resto da comunidade co avance da tarde.

As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso nas comarcas atlánticas quedando sen cambios no resto.

Os ventos soprarán de compoñente sur, frouxos durante o día, aumentando ao final da xornada no litoral atlántico. 

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 14° 21°; Ferrol 12° 21°; Lugo 10° 21°; Ourense 11° 22°; Pontevedra 12° 21°; Santiago 12° 18°; Vigo 14° 21°. 

Sen nome

Adeus ao veroño: as choivas chegan este sábado a Galicia
comentarios
ç