domingo. 15.09.2019 |
El tiempo
domingo. 15.09.2019
El tiempo

Agride a un octoxenario en Ourense que estaba nunha parada de bus ao non darlle tabaco

Dous anciáns paseando por un parque. ADP
Dous anciáns paseando por un parque. ADP
▶ O  acusado abordou á vítima por detrás e subtraeulle a carteira

Axentes da Policía Nacional detiveron a un home de 31 anos, natural de Santiago de Compostela, como presunto autor dun delito de roubo con violencia tras roubar a un octoxenario que estaba a esperar nunha parada de autobús na estrada de Vigo.

Segundo informou a comisaría provincial, os feitos tiveron lugar o pasado 22 de agosto sobre as dez e media da mañá cando o agora detido denunciou que se achegou unha persoa cando esperaba o autobús e pediulle tabaco, ao que este dixo que non, momento no cal o abordou por detrás e subtraeulle a carteira que tiña no peto da camisa.

No transcurso da liorta, agarrouno polo pescozo da súa camisa, por detrás, e por medio dun forte tirón rompeulle a roupa, deulle unha patada, tirouno ao chan e agrediuno por todo o corpo.

O agresor abordou ao octoxenario por detrás e subtraeulle a carteira

Tras apoderarse do diñeiro, arroxou á estrada a documentación e fuxiu a un centro comercial onde foi localizado pola policía, escondido nos baños do mesmo. O home foi detido por un roubo con violencia.

Agride a un octoxenario en Ourense que estaba nunha parada de bus...
Comentarios