A alcaldesa de Boimorto dará explicacións o venres sobre a súa polémica vacinación

O asunto centrará un pleno extraordinario
María Xesús Novo, alcaldesa de Boimorto. FACEBOOK
photo_camera María Xesús Novo, alcaldesa de Boimorto. FACEBOOK

O Concello de Boimorto albergará o vindeiro venres 12 un pleno extraordinario no que a alcaldesa, María Jesús Novo, dará explicacións sobre a súa vacinación contra a covid-19 na residencia de titularidade municipal a pesar de non formar parte do cadro sociosanitario. Novo, que pediu a baixa do PP, convocou o pleno extraordinario a petición de PSOE e BNG, que sosteñen que debería asumir responsabilidades e dimitir. 

O pleno extraordinario está convocado para o venres ás 20.30 horas, segundo confirmaron fontes municipais. 

A rexedora vacinouse o pasado 28 de decembro, un día despois de que a primeira galega en recibir unha dose fronte á covid-19 fixese o propio en Santiago. O seu nome estaba na listaxe da residencia, de titularidade municipal, porque, segundo a súa versión, e a pesar de non estar formalmente ligada ao cadro, fai funcións de "xefa de persoal", acode habitualmente e realizou compras para o centro. 

Comentarios