A Policía Nacional investiga unha cadea de secuestros de WhatsApp despois de que máis dunha ducia de persoas perdesen en poucas horas o control da súa aplicación ao responder a unha mensaxe falsa. Segundo os axentes, en poucos días varias persoas notificaron a este corpo policial que perderan o control da súa plataforma WhatsApp".
En todos os casos as vítimas afirmaron recibir unha mensaxe de WhatsApp, supostamente desde o teléfono dun contacto seu, na que se lle dicía que por erro lle enviou por SMS un código ao seu teléfono e se llo podía reenviar, que era algo urxente". "Ao tratarse dunha mensaxe dun contacto coñecido, e sen pararse a pensalo, a maioría das persoas reenviaron o código que acababan de recibir por SMS. A partir dese momento, o WhatsApp deixaba de funcionar e xa non tiñan acceso ao mesmo", explican.
Tras ver o volume que alcanzaba este feito, "ao crecer exponencialmente o número de afectados", subliña a Policía, por parte do Grupo de Delitos Tecnolóxicos da comisaría de Ourense indicouse que "en principio, o perder o acceso ao WhatsApp non habilita directamente a poder acceder a máis elementos do teléfono móbil". Ademais, explica que "o tomar o control da aplicación tampouco permite acceder ao contido na propia aplicación: arquivos, fotos, contactos, etc., dado que o mesmo descárgase no terminal telefónico".
Por iso, a Policía indica que as accións a realizar unha vez que se foi vítima do feito, para poder recuperar o control da aplicación, pasan por "
"Se ademais pide un código adicional de seis díxitos é porque o atacante activou a verificación en dous pasos. En tal caso hai que esperar sete días para poder facer o paso anterior. Ata entón a sesión de WhatsApp permanecerá pechada para calquera usuario", indica a Policía.
Ademais, puntualiza que "hai que ter en conta que provocar o bloqueo do cartón SIM non evita o acceso ao WhatsApp, ao poder utilizar unha wifi". "Se nada diso funciona, pódese escribir un correo á conta soporte [email protected]. Para iso hai que poñer o número de teléfono co prefixo +34", engade.
A Policía recorda que para protexer os dispositivos "é conveniente instalar un antivirus".