Alfonso Hermida recibe un dos Premios Solidarios da Once

Ademais do xornalista de Televisión de Galicia figuran entre os distinguidos co galardón a empresa Gadisa, a Orquestra Sinfónica de Galicia, Francisco Otero e Salvamento Marítimo

A Once de Galicia entrega este mércores os seus VIII Premios Solidarios, nun acto presidido polo titular do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, e con asistencia do director xeral da Organización Nacional de Ciegos Españoles, Ángel Sánchez

Os galardoados son o xornalista Alfonso Hermida, a empresa Gadisa, a Orquestra Sinfónica de Galicia, Francisco Otero Crespo -enfermo de ELA- e Salvamento Marítimo. O acto, que se celebra no Teatro Colón, contará tamén coa presenza do alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro; o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o presidente do Consello Territorial de Once-Galicia, Carlos Fernández Lamigueiro.

Comentarios