Pilar Cancela sostén que a militancia decidirá se o PSdeG precisa un novo líder

20170227_psoe_02
photo_camera Pilar Cancela. ARQUIVO

Convencida de que toca ser "humildes e autocríticos" ante os resultados das autonómicas do 12-X, nas que o PSdeG de Gonzalo Caballero quedou relegado ao papel de terceira forza con 14 escanos, a deputada socialista no Congreso Pilar Cancela constata que será a militancia a que "decidirá" se é necesario un cambio de líder cando a formación convoque o seu congreso nacional. 

Na Cadea Ser, Cancela constatou que, debido ao covid, a situación "era excepcional para todas as forzas políticas", polo que chamou "á reflexión". A deputada pola Coruña sostén que o electorado galego só optará por unha alternativa ao PP cando "haxa un proxecto real de esquerdas", baseado nun "acordo maioritario e xeral" ao redor de cuestións "fundamentais de país" e se desterren as pelexas. 

Respecto do labor da Xunta, mostrou as súas dúbidas ante as cifras oficiais da pandemia. "Non está a contarse a verdade de todo o que pasa", espetou.

Comentarios