Permitidos os bicos e abrazos aos familiares nas residencias de maiores

Os usuarios de residencias situadas en municipios do nivel medio ou medio-baixo poderán pasar uns días en casa
Una usuaria de una residencia de mayores. BRAIS LORENZO
photo_camera Unha usuaria dunha residencia de maiores. BRAIS LORENZO

O alivio das restricións anunciado este xoves polo presidente da Xunta tamén se aplicará nos centros de día, nos que os usuarios poderán dar paseos polo exterior se contan cun 90% de vacinados, e as residencias de maiores. 

Nas residencias situadas enmunicipios en nivel medio ou medio-baixo os maiores poderán ir a pasar uns días coas súas familias, cun mínimo de cinco días de visita, e poderán gozar dun máximo de tres a cinco saídas por semana de ata catro horas cada unha. 

Pero o máis importante é que vaise a permitir "contacto físico" durante a visitas, "de maneira que as familias poderán volver abrazar e bicar aos maiores", segundo destacou Alberto Núñez Feijóo. 

Comentarios