O Alvia entre Galicia e Madrid terá 10 viaxes semanais máis a partir do 7 de xuño

Este tren circulará todos os días, excepto os domingos
Un tren.AEP
photo_camera Un tren Alvia.AEP

Renfe aumenta de 56 a 66 as viaxes semanais do Alvia entre Galicia e Madrid a partir do 7 de xuño, segundo informou a compañía este luns.

Deste xeito, Renfe volverá pór en servizo o Alvia con saída de Madrid Chamartín ás 9.28 horas e con destino á Coruña, que permite o enlace en Santiago aos viaxeiros con destino cara a Vigo e Pontevedra. Este tren circulará todos os días, excepto os domingos.

En sentido contrario, tamén volverá circular o Alvia con saída da Coruña ás 18.21 horas, aínda que neste caso circulará a diario. Este tren tamén permite o enlace en Santiago aos viaxeiros procedentes de Vigo e Pontevedra.

Este incremento forma parte da oferta en trens Ave e de Longa Distancia cun total de 252 novos servizos semanais en toda España, que se suman aos 1.231 que a compañía ten programados actualmente, o que supón un incremento do 20,5%, ata unha oferta total semanal de 1.483 trens.

Comentarios