AMI anuncia a súa disolución nun comunicado

A Assembleia da Mocidade Independentista (AMI) informa da súa disolución desde a súa páxina web, ao considerar que esta organización xa non é unha ferramenta adecuada "ás condicións e necesidades actuais".

No escrito no que anuncia esta decisión da XI Asemblea Nacional, apunta que "o contexto de hoxe pouco ten que ver co de finais dos noventa e incluso co primeiro lustro de 2000" e sinala a presenza no panorama político galego de varias "organizacións independentistas", que "concorren por un lugar relativamente similar" aos seus posicionamentos.

Como consecuencia dunha "importante autocrítica", AMI refírese " súa debilidade organizativa" e ao "alto nivel de compromiso" que implica a militancia nesta organización.

Tamén recoñece que non soubo "readaptar os obxectivos nin tácticos nin estratéxicos", o que provoca "unha maior dificultade e frustración na consecución dunhas metas pensadas para unha estrutura política, combativa, pública e a nivel nacional".

Sinala que se atopaba nunha situación de pixota "que se morde a cola: Marcamos uns obxectivos, non se cumpren, nos desmotivamos. Estamos desmotivados, non cumprimos os obxectivos".

Por iso, conclúe que "a Assembleia non está xa desenvolvendo un papel fundamental no movemento de liberación nacional de Galicia".

Finalmente, considera que a decisión de disolverse non supón "un abandono", senón unha "reformulación necesaria para traballar de xeito efectivo".

Comentarios