Evacuado un ancián en Celanova debido a un incendio no seu domicilio

O home vivía en condicións de insalubridade e acumulaba lixo
Camión de bomberos. ARCHIVO
photo_camera Camión de bombeiros. ARCHIVO

Un home de 82 anos foi evacuado na madrugada deste mércores tras declararse un incendio nunha vivenda no municipio ourensán de Celanova. O ancián vivía en condicións de insalubridade e desde o consistorio non descartan que padeza algún tipo de trastorno compatible co síndrome de dióxenes

Segundo confirmaron fontes municipais, a vivenda estaba repleta de papeis e bolsas de lixo, polo que se sospeita que padeza algún trastorno. 

De feito, o caso xa foi posto en coñecemento dos servizos sociais, para realizar o seu seguimento. 

O home vivía só na vivenda, que resultou completamente calcinada

"É evidente que hai un problema, dentro da vivenda, había almacenados papeis e bolsas", relata o rexedor, Antonio Puga

Foron veciños do lugar de Pazos, na parroquia da Veiga, quen alertaron de que vían arder unha casa e descoñecían se había persoas afectadas.

O centro integrado de urxencias de Galicia puxo estes feitos en coñecemento dos Bombeiros de Celanova, Garda Civil, Policía Local, Protección Civil e, como medida preventiva, dos servizos sanitarios.

O octoxenario, que fora trasladado inicialmente ao hospital de Ourense, finalmente foi derivado ao complexo hospitalario da Coruña, ao sufrir diversas queimaduras

Dado que a vivenda resultou completamente calcinada, o consistorio estuda onde residirá unha vez que se recupere. En principio, o home tería familiares, que haberá que ver se poden facerse cargo del.

Comentarios