Andrea, ourensá de 21 anos ingresada por covid: "Ponte a máscara"

Esta moza leva case unha semana no Chou por unha pneumonía bilateral causada polo covid: "Hai que pasarllo ben e non imos deixar de vivir, pero hai que ter coidado"
Andrea, en el Chou. TVG
photo_camera Andrea, no Chou. TVG

Unha ourensá de 21 anos leva casi unha semana ingresada no Chou cunha pneumonía bilateral causada polo coronavirus. A TVG recolleu o testemuño desta moza, que pediu precaución a todo o mundo, en especial á xente da súa xeración. 

"Ponte a máscara e non penses que por ser nova non che vai pasar. Hai que pasalo ben e non imos deixar de vivir, pero hai que ter coidado", explicou Andrea desde a súa habitación do hospital ourensán. 

A evolución desta moza é positiva, xa respira mellor e pode falar cos seus familiares, pero non pode esquecer esa sensación de falta "de aire" que a levou a estar ingresada. 

A súa familia, ademais, xa sabe o que é lidar co coronavirus, xa que o seu pai estivo ingresado na Uci durante a primeira onda. 

"Non podo ser hipócrita e dicir non salgades ou non esteades cos vosos amigos porque eu tamén o fixen. Pero ao final pode pasar o que me está pasando a min. Ou peor, estar ingresado nunha Uci", comentou Andrea, que agradeceu o bo trato do persoal hospitalario.

Comentarios