O ano 2019 deixou en Galicia un 15% máis de precipitacións e máis calor do esperado

O exercicio pasado foi o cuarto máis chuvioso da década, cuns meses de abril, decembro e sobre todo novembro especialmente húmidos
Una mujer se protege de la lluvia con un paraguas. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Unha muller protéxese da choiva cun paraugas. PEPE FERRÍN (AGN)

O pasado 2019 foi un ano "cálido e húmido" en Galicia. Así o reflicte o avance do informe climatolóxico anual de Meteogalicia, que detalla que no exercicio anterior rexistráronse un 15% de precipitacións máis das esperadas e unha temperatura media de 13,8 graos, 0,2 máis das estimacións realizadas para un 2019 no que máximas e mínimas estiveron por encima do normal.

Na análise por mes, Meteogalicia destaca as temperaturas rexistradas en xaneiro, febreiro e xuño. Galicia arrincou o ano pasado cun mes moi frío, para dar paso a 28 días que supuxeron un dos febreiros máis cálidos que se recordan.

E o primeiro mes estival tamén foi atípico por ser extremadamente frío, con temperaturas baixo cero de noite en diversos puntos da comunidade e os efectos da borrasca Miguel.

En canto ás choivas, Meteogalicia define 2019 como un ano "húmido", pois a precipitación media acumulada foi de 1.440 litros por medio cadrado, o que supón un 15% máis que a media do período de referencia —entre 1981 e 2010—. Os meses máis pluviosos do ano foron abril, decembro e sobre todo novembro, no que en lugares como Santiago choveu os 30 días.

Comentarios