Oito anos de cárcere para un ourensán que forzou á súa sobriña de 13 en Noiteboa

O agresor entrou na habitación da menor tras a cea familiar e violouna

Condenado por violar a su sobrina. CRTVG
photo_camera Condenado por violar á súa sobriña. CRTVG

Un mozo de 24 anos, natural e veciño de Ourense, foi condenado este luns a oito de cárcere por violar á súa sobriña na Noiteboa de 2018, cando ela tiña só 13 e el 21.

Segundo a sentenza emitida polo xuíz, tras unha vista oral celebrada este luns a porta pechada, a vítima foise a durmir tras a cea familiar e, poucos minutos despois, o acusado dixo que tamén se ía á cama, pero, no canto de dirixirse á habitación que lle correspondía, entrou na da adolescente, deitouse ao seu lado, comezou a tocala por todo o corpo, para, a continuación, espila e penetrala vaxinalmente. 

Todo iso sucedeu "sen que a menor opuxese resistencia pola vergoña que lle daba o que estaba a ocorrer ou polo medo que tiña ao seu tío". 

Ademais da pena de prisión, o tribunal imponlle a prohibición de aproximarse á súa sobriña durante dez anos. Contra este fallo, con data do 21 de xuño, cabe recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.