Anulan o despedimento dunha traballadora do Concello do Carballiño por responder a un ''móbil político''

Unha sentenza do Xulgado do Social número 1 de Ourense declarou nulo o despedimento dunha traballadora do Concello do Carballiño, gobernado polo Partido Popular, ao contemplar indicios de que o despedimento se debeu a un "móbil político".

Segundo o fallo da sala, ao que tivo acceso EFE, ademais de declarar nulo o despedimento, condena ao Concello a ''readmitir" á traballadora e a que se lle abonen os salarios deixados de percibir" debendo a despedida "devolver a indemnización entregada".

A sentenza explica que "as probas presentadas acreditan que todos os traballadores despedidos teñen ou tiveron unha vinculación maior ou menor co partido da oposición do Concello". Sinala, ademais, que isto se produciu "sen que se explicou o proceso para elixir os mesmos".

A carta de despedimento, abunda o fallo do tribunal, "non achega dato algún sobre o orzamento do Concello" que implique "a existencia dunha insuficiencia orzamentaria sobrevinda e persistente".

Esta sentenza súmase a outra de similares conclusións emitida polo Xulgado do Social número 4 de Ourense e na que tamén se condena ao Concello a readmitir a outra traballadora en cuxo despido tamén se contemplaron motivacións políticas.

A sentenza non é firme e é recurrible no prazo legal establecido.

Comentarios