Apagamento no Hórreo

Miguel Santalices está a ter moito trafego na súa estrea como presidente do Parlamento de Galicia: hai uns días expulsou a Beiras, o martes autorizou un rexistro policial e este mércores foise a luz

O ourensán Miguel Santalices (PP), o novo presidente do Parlamento de Galicia, está a ter moito trafego na súa estrea no cargo. E, de momento, está a resolver con eficacia os temas que requiren da súa intervención.

Se hai uns días se viu obrigado a expulsar da Cámara a Xosé Manuel Beiras, o portavoz de Age, por un altercado no que acabou dirixíndose ao escano de Miguel Tellado (PPdeG), o martes viviu unha experiencia case inédita no Pazo do Hórreo: tivo que autorizar un rexistro policial tras a detención dun asesor de Esquerda Unida-Alternativa Galega de Esquerda (Age) que consumiu e compartiu pornografía infantil desde o seu computador na sede parlamentaria. Pois ben, este mércores houbo outro sobresalto, pero de menor calado: foise a luz eléctrica. Afortundamente o apagamento non se prolongou por moito tempo.

Comentarios