Aparecen trinta golfiños varados a fin de semana

Unha trintena de golfiños apareceron varados do 14 ao 16 de decembro en diferentes puntos da costa de Galicia que rastrexou o grupo de rescate e investigación de mamíferos mariños (Gremmar), a maioría na provincia de Pontevedra, informou o colectivo nun comunicado.

A maioría, 20 exemplares en concreto, eran golfiños comúns, aínda que o Gremmar tamén identificou cadáveres de golfiño riscado (4), toniña (6) e arroaz (1).

Por municipios, once exemplares apareceron no litoral de Sanxenxo, seis no Grove, cinco en Moaña, catro en Cangas, tres en Ribeira, dous na Illa de Arousa, e un en Bueu e Poio.

Respecto das causas da súa morte, o Gremmar sostén que 21 dos golfiños localizados presentaban signos de grao medio de captura accidental, a maioría enredados en artes de pesca, e que catro tiñan sinais de ser atacados por arroaces.

O nivel de degradación de seis exemplares imposibilitou determinar as causas do deceso.

Comentarios