Aparecen varados catro golfiños na costa

Ata catro cadáveres de golfiños apareceron hoxe varados en diferentes puntos da costa do sur da provincia de Pontevedra, que a Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (CEMMA) relaciona co temporal dos últimos días.

Tres exemplares presentaban un avanzado estado de descomposición, os que apareceron en Baiona e en Oia, mentres que o que varou en Saians (Vigo) tiña feridas que apuntan a que puido morrer atrapado en artes de pesca, segundo explica a EFE Alfredo López, portavoz de CEMMA.

López ve "moi probable" unha relación directa entre os varamentos e o temporal dos últimos días, pois recorda que desde principios de decembro, cando empezaron a sucederse fenómenos meteorolóxicos adversos en Galicia, "aumentou moito" o número de golfiños mortos que chegaron á costa.

Outra cousa é determinar con exactitude a causa do seu falecemento polo avanzado estado de descomposición dalgúns exemplares.

Comentarios