Un apostante de Santiago recibirá uns 914.000 euros pola Bonoloto

Bonoloto

Un acertante da máxima categoría da Bonoloto validado en Santiago resultou agraciado cuns 914.000 euros. No sorteo deste xoves só apareceu un apostante cos seis números da primeira categoría, o que se selou na administración de loterías 6 da capital galega, situada no centro comercial As Cancelas.

Non apareceu ningún acertante da segunda categoría, a de 5 máis o complementario, polo que o importe destinado acumúlase á seguinte, na que houbo 67 agraciados, que perciben preto de 4.000 euros. A combinación gañadora compona o 9, 15, 17, 31, 38 e 39, complementario o 5.

Comentarios