Aprobada provisionalmente a ordenanza de ruídos

Un empleado municipal puso hielo en las jarras de agua (Fotos: PEPE ÁLVEZ)
photo_camera Un empleado municipal puso hielo en las jarras de agua (Fotos: PEPE ÁLVEZ)

Os votos de PSOE serviron para aprobar de forma provisional a ordenanza de contaminación acústica de Lugo, que terá dous meses de exposición pública, un máis do previsto tras solicitalo os nacionalistas, que finalmente se abstiveron.

O PP votou en contra porque considera que non concilia o dereito ao descanso e ao traballo, e porque cre que non houbo suficiente partipación de veciños e empresarios na súa tramitación.

Na sesión tamén tomou posesión a nova concelleira socialista Rosana Rielo, que substitúe no cargo a Liño González Dopeso.

O pleno tamén aprobou a apertura dunha comisión para investigar o que sucedeu a principios de agosto no centro de día Antonio Gandoy, cando un traballador desas instalacións resultou ferido ao dispararse accidentalmente nun pé cunha pistola supostamente da súa propiedade.

Comentarios