miércoles. 16.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 16.06.2021
El tiempo

Arrinca a nova campaña 'Separemos ben, reciclaremos mellor'

A terceira edición da campaña educativa Separemos ben, reciclaremos mellor, que estará en vigor un ano, arranca estes días para dar continuidade ao traballo que as precedentes viñeron desenvolvendo dende o ano 2012 no ámbito da concienciación cidadá en materia de reciclaxe.

A Consellería de Medio Ambiente e a Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) seguen as ser os promotores dunha campaña informativa e formativa de calado sobre a importancia do necesario incremento das taxas de reciclado na nosa comunidade e da disminución da porcentaxe de impropios detectados nos distintos colectores de recollida selectiva.

O modus operandi seguirá o esquema da anterior edición, que chegou ao seu fin o pasado 30 de xuño, aínda que introducindo novidades coas que se pretende enriquecer a iniciativa e lograr con maior efectividade os obxectivos marcados.

Así, a aula móbil atendida por educadores ambientais continuará circulando a pé de rúa polos municipios, do mesmo xeito que o fará o xogo xigante da reciclaxe, destinado aos máis pequenos, pero haberá importantes novidades. Unha das máis destacables desta edición 2014-2015 serña a incorporación de Ecovidrio, que pasará a compartir protagonismo con Ecoembes e os sistemas integrados de xestión de pilas.

Aproveitando as citas de verán durante estes primeiros meses (feiras populares, mercados, festas e outros eventos), a aula móbil desprazarase polas mesmas co fin de levar a súa mensaxe ao maior número posible de habitantes, contando para iso co labor de oito educadores medioambientais con ampla experiencia na materia, que serán os encargados de captar a atención dos cidadáns e trasladarlles os conceptos básicos a ter en conta para levar a cabo unha adecuada selección dos residuos e correcto depósito destes nos recipientes dispostos nas vías públicas.
 
Pero, ademais da súa presenza a pé de rúa, a campaña non deixará de ser protagonista nos centros de educación formal (ensino primario e secundaria, bacharelato, Universidade e Formación Profesional), e non formal (campamentos, tempo libre, …), prevendo mesmo encontros co profesorado e convocando concursos escolares nos que se evaluará a  elaboración de obras de arte a partir de materiais de residuo, distinguindo dúas categorías: unha para alumnos de primaria e outra para ESO, xa durante o curso.

Como vén sendo habitual, acordaranse diversas visitas ao longo de todo o período ao complexo medioambiental de Sogama en Cerceda, onde os grupos poderán coñecer por si mesmos o labor desta infraestrutura industrial, así como o circuíto de xestión que seguen os residuos depositados polos cidadáns tanto no colector amarelo como no verde convencional.

Arrinca a nova campaña 'Separemos ben, reciclaremos mellor'
comentarios
ç