martes. 27.07.2021 |
El tiempo
martes. 27.07.2021
El tiempo

Arrincan as primeiras oposicións do covid para o profesorado

Oposicions no Valle Inclan
O instituto Valle Inclán é un dos que acolle as probas en Pontevedra. GONZALO GARCÍA
Para este domingo están convocados en Vigo e Silleda 10.058 aspirantes para disputarse 341 prazas de auxiliar administrativo na Xunta

A fase inicial das primeiras oposicións para docentes convocadas en pandemia arrincou este sábado coa celebración das probas en 132 sedes repartidas en 23 concellos, entre eles Pontevedra, A Estrada y Valga. As probas desenvolvéronse sen incidencias reseñables con 25.710 convocados e 3.894 prazas en xogo.

A primeira parte dos exames estenderase ata o día 25 de xeito graduado para evitar a concorrencia de moitos opositores co fin de evitar contaxios. A continuación, os 368 tribunais comunicarán as datas da parte práctica, co límite do 23 de xullo para finalizar todo o proceso. 

Presente nunha das sedes de Santiago, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, augurou que a "maior oferta de prazas" da historia de Galicia contribuirá a dar "estabilidade ao profesorado e a reforzar a contratación e a calidade" do sistema docente, que experimentará "unha renovación xeracional significativa".

Tras felicitar a organizadores e opositores pola marcha do proceso, o representante da Xunta puxo en valor "o esforzo de todos os axentes implicados para que o dispositivo deseñado funcionase á perfección dende o primeiro minuto". 

Nos últimos días, a consellería fixo chegar ás 132 sedes 1.200 litros de hidroxel e 60.000 máscaras, así como 1.200 caixas de panos desinfectantes. 

ADMINISTRATIVOS. Pola súa banda, este domingo están chamados a examinarse en Silleda e Vigo os 10.058 aspirantes a algunha das 341 prazas do corpo de auxiliar administrativo C2. É un dos máis numerosos da Administración galega, xa que máis de 3.000 persoas ocupan prazas nesta categoría.

En quendas sucesivas de mañá e tarde, polo recinto feiral de Silleda pasarán ata 4.728 persoas, en tanto que están convocadas ao Ifevi outras 5.320. Trátase do segundo proceso ao que concorre un maior número de aspirantes, despois do do persoal subalterno.

Arrincan as primeiras oposicións do covid para o profesorado
comentarios
ç