Arroupan ao activista que mantén un peche na igrexa do barrio de Coia

Diego Lores será xulgado o martes pola suposta agresión a un policía durante as protestas pola colocación dun barco nunha rotonda
Encierro del activista en la iglesia del Cristo de la Victoria
photo_camera Encierro del activista en la iglesia del Cristo de la Victoria

Un dos opositores á instalación do monumento ao pesqueiro Bernardo Alfageme nunha rotonda do barrio vigués de Coia, Diego Lores, afronta unha petición de cárcere de tres anos e medio por agredir a un axente policial no xuízo convocado para este martes, no que a Fiscalía non ve acreditada a infracción.

En vésperas do xuízo, Lores protagoniza un peche na igrexa do Cristo da Vitoria, onde o domingo estivo arroupado por decenas de veciños e polo párroco, que exhortou ao axente agredido a retirar a denuncia.

A acusación pide tres anos e medio de prisión para Lores, dúas por un delito de atentado e un e medio por un delito de lesións, así como o pago de 30.000 euros en concepto de responsabilidade civil.

Con todo, a Fiscalía considera no seu escrito que nas probas practicadas "non foi acreditado debidamente" que o procesado cometese a infracción criminal que se lle imputa.

O outro procesado por supostas agresións a policías durante unha concentración na rúa Baiona o 15 de decembro de 2014, Samuel Vázquez, xa fora desimputado previamente.

O caso de Lores concitou a solidariedade de diferentes colectivos, tanto a Oficina de Dereitos Sociais de Coia, como o Colexio de Educadores Sociais de Galicia, e de formacións políticas como a Marea de Vigo, que o considera unha "farsa" e ve na denuncia un intento de "exemplarizar" e "infundir medo" entre quen protestan ante as "inxustizas".

Comentarios