Asociacións, sindicatos e partidos piden "parar Galicia" o 8 de marzo

Está convocada unha folga feminista tanto laboral como de consumo e de coidados, do mesmo xeito que en todo o Estado e en 177 países

 

Diversos colectivos feministas, sindicatos e partidos políticos fan un chamamento a "parar" Galicia o 8 de marzo pola igualdade entre mulleres e homes, así como para denunciar a brecha salarial, a precariedade e a violencia machista. A Plataforma Feminista Galega convoca unha folga feminista tanto laboral como de consumo e de coidados, do mesmo xeito que en todo o Estado e en 177 países, para visibilizar o peso de todas as mulleres en distintas áreas. Ademais do parón, levarán a cabo diversas mobilizacións. 

Entre os sindicatos tamén haberá diferentes actos, xa que as convocatorias das centrais faranse por separado.

E no plano político, Paula Quinteiro e Ángela Rodríguez (En Marea) avanzaron mobilizacións e reclamaron políticas feministas "transversais" que se manteñan "todo o ano". Gonzalo Caballero confirmou que o PSdeG secundará esa folga e Ana Pontón (BNG) recordou que "sen mulleres, nin o mundo nin Galicia poden vivir". O PPdeG si que se opón ao paro porque di que hai "fórmulas máis útiles" para traballar pola igualdade.

Comentarios