Atendida unha muller atopada dentro dunha fonte en Ordes

Un helicóptero do 061 con base en Santiago desprazouse este domingo a Ordes para atender unha muller que se atopaba no interior dunha fonte. A central de urxencias do 112 informou de que un particular chamou ao redor das 12.30 horas para comunicar que había unha persoa dentro dunha fonte no lugar de Chan, en Santa Cruz de Montaos. 

Ademais de mobilizar o helicóptero, informouse e pediuse a súa colaboración aos axentes da Garda Civil e da Policía Local para que axudasen na aterraxe da aeronave, que tomou terra no mesmo lugar dos feitos.