Atopan unha foca na rede dun barco en Cedeira

Os mariñeiros mantiveron ao animal en auga, á espera de que os técnicos de medio ambiente se fixesen cargo del
Foca encontrada en las redes de un pesquero en Cedeira
photo_camera Foca encontrada en las redes de un pesquero en Cedeira

A tripulación do pesqueiro Lucero Uno de Cedeira realizou unha captura inusual: unha pequena foca. Os mariñeiros atopárona entre as redes, un pouco asustada, pero en bo estado.

Os seus involuntarios captadores e á vez salvadores gravaron ao exemplar nadando plácidamente nun tanque mentres esperaba a chegada do persoal de Medio Ambiente que se faría cargo dela. 

Comentarios