O avance do cancro de mama poderase coñecer cunha análise de sangue, segundo un estudo realizado no Chus

Este traballo descobre que os glóbulos vermellos dos pacientes con cancro de mama son diferentes aos das persoas sen a enfermidade
Clotide Costa arropada por el resto de integrantes del equipo del Instituto de Investigación de Santiago de Compostela (IDIS). IDIS
photo_camera Clotide Costa arropada por el resto de integrantes del equipo del Instituto de Investigación de Santiago de Compostela (IDIS). IDIS

Un estudo desenvolvido polo Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) no laboratorio da unidade mixta Roche-Chus demostra que os glóbulos vermellos dos enfermos de cancro de mama avanzado ou metástasicos son diferentes aos das persoas sen a patoloxía, o cal axudaría a predicir o avance da enfermidade cunha simple análise de sangue.

Neste traballo, asinado por Clotilde Costa, os investigadores identificaron unha proteína cuxos niveles son máis elevados nos pacientes con cancro de mama avanzado ou metastásico. A metástasis é a principal causa de morte por esta enfermidade, polo que é de vital importancia detectala canto antes.

Os resultados do estudo, que aínda están protexidos por unha patente, serven como unha nova achega ao recente descubrimento de que os glóbulos vermellos, á parte do seu labor principal como transportadores de osíxenos, teñen outras funcións adicionais como células reguladoras na circulación.

Nesta ocasión demostraríase que estas células tamén poden ser marcadores útiles en oncoloxía.

Detalles do estudo

Unha iniciativa colaborativa entre a empresa Roche Farma e o grupo Oncomet do IDIS dirixido polo xefe de servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Clínico de Santiago, Rafael López, fixo posible esta investigación, realizada a partir da análise de mostras de sangue de pacientes de cancro de mama en diferentes momentos da enfermidade e de doantes sans recollidas no CHUS.

A composición de proteínas dos glóbulos vermellos foi o obxecto de estudo mediante técnicas de proteómica, método que consiste na análise da estrutura e función das proteínas. Isto permitiu identificar un potencial biomarcador de diagnóstico de enfermidade metastásica.

Os resultados deste traballo están actualmente protexidos por unha patente pero poderían ter unha importante aplicación clínica, axudando detección precoz da metástasis, principal causa de morte nos casos de cancro de mama.

Comentarios