Martes. 18.06.2019 |
El tiempo
Martes. 18.06.2019
El tiempo

Beiras: "A actual unidade popular non é o que soñei e polo que loitei"

Xosé Manuel Beiras. CABALAR (EFE)
Xosé Manuel Beiras. CABALAR (EFE)


O histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras admitiu no acto central de campaña de Compostela Aberta que o actual espazo de unidade popular "non é o que soñei nin polo que loitei", aínda que a excepción "está nas mareas municipais" como Compostela Aberta, onde "non houbo ningún cristo".

"Pouco importa se os que forman a unidade popular son de Anova, de Esquerda Unida, de Podemos ou non son nada, trátase de que están nela como membros; nos últimos anos eu desesperábame", apuntou Beiras, quen asegura "pasar por moitas" e arriscarse con 86 anos para formar a unidade popular".

Neste sentido, o político reiterou que en Compostela Aberta "e noutras mareas municipais" é onde se entendeu a filosofía da unidade popular "e que nos estamos xogando liberdades, dereitos sociais e o Estado do benestar".

Beiras tamén advertiu nesta cita en Santiago da necesidade de reforzar a unidade popular ante a chegada dos "lobos famentos", como se referiu a PP, Ciudadanos e Vox, "as tres cabezas dunha hidra: o partido do fascismo calvosoteliano, o Partido Patibulario -o PP-; o partido Joseantonio, o de Alberto Primo de Rivera -Ciudadanos-, e o partido hitleriano -Vox-".

En clave local, e facendo referencia a unha broma do alcalde, Martiño Noriega, quen preguntou se "era tempo de botar allos ou de votar Bugallos" -en referencia ao candidato socialista á alcaldía, Xosé Sánchez Bugallo-, Beiras sinalou que "os Bugallos non son sementes, son excrecencias".

"Hai Bugallos que empezaron no Movemento Comunista, pasou polo bingo para chegar ao xerardismo -en referencia ao alcalde socialista Xerardo Estévez- e fixo cama, chegou a alcalde, pegou o pelotazo das Cancelas, arruinando Fontiñas e Área Central e pasou á cámara de gas, ao Parlamento de Galicia para volver e dar o pelotazo do Peleteiro", proseguiu.

En base a estes feitos, o histórico dirixente nacionalista concluíu que "non ten sentido meterse no túnel do tempo para volver atrás" cando xa se chegou a un Goberno dunha marea municipalista, "o resultado de terminar o proceso de rebelión para a cidadanía".

Beiras: "A actual unidade popular non é o que soñei e polo que loitei"
Comentarios