Besteiro defende a inocencia de Orozco

O presidente da Deputación provincial de Lugo, Xosé Ramón Gómez Besteiro, defendeu hoxe a "inocencia", do alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, imputado por presunta prevaricación na denominada operación Campión sobre unha suposta corrupción na atribución de subvencións públicas.

Besteiro xustificou que "Orozco está considerado polos cidadáns como o alcalde máis valorado de toda Galicia" e pediu "unha maior axilidade na xustiza, precisamente para non cometer inxustizas".

"Unha xustiza máis áxil é compatible co rigor policial e coa defensa da honorabilidade das persoas. Se os xuízos non se celebran en tempo e forma créase unha confusión xeral da cidadanía que afecta moi negativamente á imaxe da cidade", declarou.

Comentarios