Buscan con drons e cans a unha octoxenaria desaparecida en Vimianzo

A muller foi vista por última vez a última hora da tarde deste venres

A Unidade Operativa de Drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) incorporouse este sábado de incorporar ás tarefas de procura dunha muller de 81 anos desaparecida en Vimianzo. Nada se sabe do paredero da anciá desde as 20.00 horas deste venres.

A muller saíu da súa casa, situada en Cures, sobre as 17.00 horas do venres para dar un paseo. O seu fillo viuna por última vez ás 20.00 horas camiñando pola estrada xeral, momento no que a desaparecida indicoulle que xa ía regresar á súa casa, segundo explicou o 112.

As tarefas de procura contan coa participación do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias, que ten previsto sobrevoar a zona coa súa Unidade Operativa de Drons en breve. Tamén se uniu ao operativo unha unidade canina da Asociación de Cans de Salvamento de Galicia, así como varios efectivos de Protección Civil, alertados polo 112. Ademais, un helicóptero da Garda Civil sobrevoa a zona desde primeira hora deste sábado.

Durante esta madrugada xa se desenvolveu un primeiro dispostivo no que participou a Garda Civil, familiares e veciños.

Comentarios