Buscan os atracadores de dúas gasolineiras no sur de Pontevedra

A Garda Civil segue os pasos dos atracadores de sendas gasolineiras en Tui e Tomiño con apenas tres días de diferenza, e que sospeita que poidan ser os mesmos dadas as características físicas achegadas polas testemuñas e a súa forma de actuar, informaron fontes do instituto armado.

En ambos os casos, os atracadores empregaron unha moto para aproximarse e fuxir das estacións de servizo, así como unha escopeta de canóns recortados para intimidar aos empregados, e deron o golpe de noite pechada.

O último asalto tivo lugar a noite do martes, cando levaron a recadación que había en caixa tras intimidar á única empregada que estaba neses momentos, mentres que no primeiro apoderáronse da carteira dun traballador antes de darse á fuga.

Fontes da Garda Civil fan fincapé en que existen "moitas coincidencias" que fan pensar que se trata dos mesmos atracadores, que poderían refuxiarse en Portugal.

Comentarios