Buscan tres persoas que saíron a pescar o venres desde Carnota

O dispositivo, organizado a raíz da alerta dun familiar, traballa por terra, mar e aire
La embarcación salvamar Régulus. SALVAMENTO
photo_camera A embarcación salvamar Régulus. SALVAMENTO

Salvamento Marítimo activou este sábado unha buscar por terra, mar e aire de tres mariñeiros que o venres pola tarde saíron a pescar cunha planadora desde a zona do Pindo, en Carnota, e non volveron a casa. 

Segundo informan a Europa Press fontes de Salvamento Marítimo, foi un familiar quen chamou sobre as 15.00 horas da tarde para dar a voz de alarma, pois o tres tripulantes tiñan pensado pasar a noite no mar, pero no mediodía deste sábado aínda non volveran.

Deste xeito, Salvamento Marítimo activou un amplo dispositivo ante a "falta de noticias" e informou á central do 112 Galicia, que pasou o aviso a Gardacostas de Galicia, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil de Carnota, Dumbría e Cee. 

No operativo por mar participa a salvamar Régulus, mentres que por aire peitean a zona o helicóptero Helimer 401 e o avión Sasemar 101. Por terra, traballan a Policía Local, a Garda Civil e Protección Civil. 

Os labores para dar co paradoiro deste tres mariñeiros céntranse, segundo explicaron as mesmas fontes, na zona de Fisterra e a ría de Muros e Noia. Ademais, Salvamento emiten avisos radiofónicos ao resto de buques que naveguen pola zona.