Localizan en bo estado de saúde á octoxenaria desaparecida en Mazaricos

Alidia Cacheiros Martínez atopábase desorientada a uns 800 metros da súa casa
Alidia Cacheiros Martínez
photo_camera Alidia Cacheiros Martínez

A veciña de Mazaricos, Alidia Cacheiros Mertínez foi achada con vida na tarde deste martes preto da súa casa, despois de que se lle perdese a pista ás oito da mañá do mesmo día.

A muller, con mobilidade reducida, dado precisa utilizar muletas para camiñar, atopábase a uns 800 metros da súa casa ás 17:20, en bo estado de saúde, aínda que algo desorientada e con frío.

Foi un veciño que participaba no dispositivo de procura quen a localizou, xa de xeonllos, entre unhas árbores que marcan os límites da leira na que vive.

Comentarios