lunes. 17.02.2020 |
El tiempo
lunes. 17.02.2020
El tiempo

Buscan un veciño de Moaña que desapareceu o luns

A Garda Civil, Protección Civil e familiares e amigos buscan a Alfonso L., de 50 anos, un veciño de Domaio, en Moaña, que desapareceu este luns tras non regresar dun dos seus habituais paseos, informou a Efe un portavoz da súa contorna.

Afonso marchouse de casa á primeira hora do luns, pois cando a súa filla se levantou ás 7.00 horas xa non estaba, e non levou consigo nin chaves, nin carteira nin móbil, algo por outra banda habitual cando salgue a pasear, explica o portavoz.

Ao longo desta mañá o dispositivo de procura peiteou as pistas de monte por onde adoita saír a camiñar Afonso, desempregado e que non está a tomar medicación, precisa o portavoz da familia, que teme que poida sufrir un golpe e desorientarse ou outro tipo de accidente.

Nos labores de rastrexo, cuxo radio de acción ampliarase nas próximas horas, están a colaborar membros dun club de motoristas e de mountain bike, e podería sumarse incluso un helicóptero.

A familia distribuíu varios carteis coa imaxe do desaparecido e deuse aviso tamén aos centros sanitarios e hospitalarios.

Comentarios