Buscan uns mozos que arrincaron un farol dun soportal do Toural en Santiago

Eles mesmos gravaron e subiron a internet un vídeo no que se ve como collen a lámpada e marchan con ela. A Policía Local xa a atopou

Un dos mozos, co farol de Santiago. TVG
photo_camera Un dos mozos, co farol de Santiago. TVG

A Policía Local de Santiago abriu dilixencias para identificar os mozos que na pasada fin de semana, de madrugada, arrincaron un farol pendurado nun soportal na céntrica Praza do Toural. Os axentes teñen ao seu dispor un vídeo gravado polos propios rapaces no momento dos feitos e, como informou a TVG, subido por eles a internet.

Tras descolgar a lámpada, os mozos levárona consigo, aínda que despois acabaron por deixala abandonada. De feito, a Policía Local xa a recuperou. Está previsto que o farol se volva instalar no seu lugar cando finalicen as pesquisas.

Comentarios