miércoles. 08.07.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.07.2020
El tiempo

Caballero insta a Feijóo a deixarse "de escusas" e "aceptar unha cara a cara" co PSdeG

Caballero, con Morandeira e Quiroga, este martes en Guitiriz. EP
Caballero, con Morandeira e Quiroga, este martes en Guitiriz. EP

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, instou o presidente galego e aspirante popular á reelección, Alberto Núñez Feijóo, a deixarse "de escusas" e "aceptar unha cara a cara" co PSDEG, a forza que —asegurou— "lidera o cambio en Galicia". 

En declaracións aos medios durante unha visita a Guitiriz acompañado pola alcaldesa, Marisol Morandeira, e despois de que Feijóo condicionase a súa participación noutro debate a que "o multipartito" elixise "a un candidato", Caballero asegurou que o popular "se escaquea" do debate "como pode". 

Deste xeito, tras subliñar que a súa formación é o partido que "gañou os xenerais e as municipais", criticou que o presidente da Xunta trate de evitar "o debate co Partido Socialista", cuestión que, na súa opinión, mostra como "Feijóo é cada vez máis pequeno, máis covarde". 

"Faise cada vez máis pequeno, está cada vez máis eslamiado, cada vez resulta máis antipático porque enfronte hai unha maioría de ilusión, de ganas, de forza, de cidadáns que queren unha Galicia mellor e que supoñen unha posibilidade de construír unha Galicia en positivo", dixo, para sinalar que "todo o mundo sabe en Galicia que ou goberna o PP ou o fai o PSOE". 

O socialista reivindica en Guitiriz que a Galicia do medio rural, do interior, "necesita un novo tempo á fronte da Xunta"

Nesta liña, sostivo que o, cando se celebrou o debate a sete na CRTVG, Feijóo "foi superado pola maioría de cambio". "Evidenciouse que o PSOE lidera o cambio en Galicia e que imos construír coas forzas progresistas unha maioría de progreso", subliñou Caballero, que afirmou que o popular "perdeu" e por iso "está tan enfadado e enfurruñado". 

Fronte a iso, instouno a dar "un paso adiante" e a deixar "de estar escondido". "Xa sabemos que non lle gusta debater, pero lle pedimos que teña a coraxe de confrontar cara a cara co principal partido político da oposición, que a semana que vén teña unha cara a cara para mostrar os dous proxectos que hai, unha dereita que pecha ciclo cun partido esgotado, e un PSOE que ten a forza para darlle un goberno progresista ao noso país", indicou.

"Nós queremos cambiar Galicia non contra ninguén, queremos un cambio a favor de todos e de todas", subliñou o socialista, convencido de que o debate foi "un paso adiante" cara " vitoria" o 12 de xullo. 

Acompañado por Marisol Morandeira, Caballero sinalou que a Galicia do medio rural, do interior, "necesita un novo tempo á fronte da Xunta". "Galicia necesita un goberno que conecte coas cidades e que apoie tamén a Galicia interior, ao medio rural", sinalou. E é que, segundo indicou, Feijóo "prometeu que esta ía ser a lexislatura do medio rural" pero "non tomou ningunha medida para favorecer a vida" nel. 

Caballero insta a Feijóo a deixarse "de escusas" e "aceptar unha...
comentarios