Caballero pide á Xunta un plan de reapertura de pequenos negocios

Nun comunicado, o líder dos socialistas galegos sostén que o ente autonómico "non pode seguir de brazos caídos"
Gonzalo Caballero durante la rueda de prensa ofrecida en Santiago. EFE
photo_camera Gonzalo Caballero. EFE

O secretario xeral do PSDEG, Gonzalo Caballero, defendeu este domingo que a Xunta actúe para favorecer a recuperación económica e demandou ao goberno galego que poña en marcha un "plan de reapertura de pequenos negocios" que tiveron que pechar pola pandemia.

Nun comunicado, o líder dos socialistas galegos sostén que a Xunta "non pode seguir de brazos caídos", e defende que as pequenas empresas e os autónomos necesitan respaldo para poder reabrir, xerar emprego e posibilitar que as familias teñan ingresos mes a mes".

Caballero compara esta actitude "pasiva" que atribúe ao Goberno galego coa actuación do Executivo central, "que destina aos pequenos negocios de Galicia máis de 200 millóns de euros en axudas directas".

Comentarios