Cae desde un balcón en Ourense e alcanza a dúas persoas nunha terraza

Os tres afectados resultaron feridos
Rúa do Paseo de Ourense. GOOGLEMAPS
photo_camera Rúa do Paseo de Ourense. GOOGLEMAPS

Tres persoas resultaron feridas na tarde deste mércores nun incidente rexistrado en Ourense, na Rúa do Paseo. Unha delas caeu desde un balcón dun edificio e acabou alcanzando outras dúas que estaban na terraza dunha cafetería, atendendo á información do 112.

Ocorreu preto das catro da tarde, hora á que varias testemuñas alertaron xa ao 112. Os profesionais de urxencias avisaron ao equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Policía Nacional e Local.

Unha vez no lugar, os equipos de intervención confirmaron que as tres persoas sufriron feridas.