Case 500 sancións en Galicia por saltarse as restricións entre os días 23 e 25

Os controis alcanzaron as 12.400
Un control en Vilalba. GC
photo_camera Un control en Vilalba. GC

Os dispositivos organizados pola Policía Nacional e a Garda Civil en Galicia para controlar o cumprimento das restricións implantadas pola Xunta durante os días 23, 24 e 25 de decembro sumaron un total de 468 propostas de sanción, menos de 4% do total, informou a Delegación do Goberno en Galicia.

Estes controis de seguridade foron un total de 1.856, que alcanzaron a 12.398 persoas e 9.551 vehículos para vixiar as limitacións especiais instauradas nos días de festas.

Na xornada do venres, día de Nadal, foron 651 dispositivos de seguridade, con 4.518 persoas e 2.749 vehículos controlados. As propostas de sanción chegaron a 133, un 2,9% do total e a maioría foron interpostas pola Garda Civil, que confeccionou 90; mentres que a Policía Nacional ha realizado un total de 43 ao longo do día.

Concretamente, a Policía Nacional identificou a 1.362 persoas e controlou a 481 vehículos; mentres que a Garda Civil fixo o propio con 3.156 individuos e 2.668 vehículos.

Ao coñecer estes datos, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, agradeceu a “responsabilidade” mostrada polas galegas e os galegos e volveu a facer un chamamento para que a actitude da poboación continúe como ata agora.

Ademais, subliñou que “é necesario actuar con cautela” e seguir as indicacións facilitadas polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que na actualidade reforzan a vixilancia en áreas de aglomeración de persoas, así como en zonas de lecer e restauración.