Miércoles. 21.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 21.11.2018
El tiempo

Case a metade dos deputados son mulleres tras a chegada de Patricia Otero e Flora Miranda

Patricia Otero e Flora Miranda, caras novas no Parlamento galego. LAVANDEIRA JR
Patricia Otero e Flora Miranda, caras novas no Parlamento galego. LAVANDEIRA JR

A burelense substitúe a Quiroga na bancada socialista e a de Cariño releva a Barahona en En Marea

A incorporación de dúas novas mulleres como deputadas na Cámara galega na sesión plenaria deste martes fai que a paridade no Hórreo se aproxime á igualdade con 36 deputadas mulleres fronte a 39 homes.

Esta situación dáse despois de que o primeiro pleno ordinario do novo período de sesións arrincase coa toma de posesión do cargo da burelense Patricia Otero (PSdeG) e Flora Miranda (En Marea) para o que ambas empregaron a fórmula "si prometo".

A socialista accede ao Parlamento pola circunscrición de Lugo en substitución de José Antonio Quiroga, que pasou a presidir a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, mentres que Miranda ocupará o posto Magdalena Barahona, que o pasado xullo anunciou que abandonabaa o Parlamento por problemas de saúde.

Case a metade dos deputados son mulleres tras a chegada de Patricia...
Comentarios