Castro e Tourís cesan de novo para ir nas listas electorais do PPdeG o 12-J

Xunto a eles deixarán o posto o vindeiro luns outros dez altos cargos da Xunta, os mesmos que para o pasado 5 de abril
Cores Tourís. DP
photo_camera Cores Tourís. DP

O Consello da Xunta aprobou este venres o cesamento dunha ducia de altos cargos que concorrerán nas listas do PPdeG para as eleccións autonómicas do 12 de xullo. A entrada en vigor do cesamento será o vindeiro luns, día en que se publicará no Diario Oficial de Galicia (DOG). Entre eles o delegado territorial de Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e a directoral de Turismo de Galicia, Nava Castro

Estes altos cargos foron recuperados para a Xunta despois de que xa saísen dos seus postos para pasar a conformar as listas do 5 de abril pero, coa cancelación da cita electoral, o mandatario autonómico decidiu recolocalos nos seus postos. 

Tras ratificarse nos nomes en días pasados, este venres, o presidente da Xunta certificou ese cesamento dos doce altos cargos que estarán incluídos nas candidaturas do PPdeG, un trámite necesario posto que non é compatible o posto de designación de confianza co de candidato autonómico. 

Na rolda de prensa posterior ao Consello, o mandatario autonómico "agradeceu" a "dispoñibilidade" de todos eles para incorporarse de novo á Administración autonómica tras a suspensión dos comicios do pasado mes de abril. 

Concretamente, trátase dos cinco delegados territoriais da Xunta: Corina Porro (Vigo) e Marisol Díaz Mouteira (Ourense) —que xa foran colocadas como número dous e número 1 polas provincias de referencia, respectivamente—; xunto a Ovidio Rodeiro (A Coruña), José Manuel Cores Tourís (Pontevedra) e o lucense José Manuel Balseiro. 

También dejan sus cargos en la Xunta Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración; Nava Castro, secretario xeral de Emigración; Silvestre José Balseiros, director xeral de Gandaría; Marta Fernández Tapias, á fronte da Dirección Xeral de Administración local; Borja Verea, secretario xeral técnico da Consellería de Economía; e a chantadina Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade, dependente da consellería de Alfonso Rueda. 

Finalmente, tamén é cesado para ir nas listas do PPdeG un dos homes de máxima confianza do presidente Feijóo, o coruñés Álvaro Pérez López, secretario xeral de Presidencia e anteriormente máximo responsable do seu gabinete.

Comentarios