Catro biotecnolóxicas galegas crean unha plataforma para buscar fármacos contra o cancro

GalChimia, AMSLab, Oncostellae e Nanogap presentan Neogalfarma, que aspira a deseñar, sintetizar e avaliar bioloxicamente novas moléculas antitumorais

Catro empresas galegas do sector biotecnolóxico e integradas no cluster Bioga puxeron en marcha o proxecto Neogalfarma, co obxectivo de buscar novos fármacos cos que facer fronte a distintos tipos de enfermidades oncolóxicas.

Neogalfarma dará continuidade ao proxecto Oncogalfarma, unha colaboración entre AMSLab, GalChimia e Oncostellae que deu lugar á primeira Plataforma Galega para o Descubrimento de novos Fármacos en Oncoloxía (Galfarma). As tres biotecnolóxicas uniron as súas forzas en Oncogalfarma para descubrir novas moléculas con actividade antitumoral. Para iso, GalChimia e Oncostellae colaboran cos seus programas actuais de investigación en cancros de próstata e mama, mentres que AMSLab, como plataforma tecnolóxica, achega as súas capacidades analíticas.

No marco do proxecto Conecta-Peme 2014/15, Oncogalfarma foi financiado pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia (Gain) e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dando lugar a un consorcio ao que este mes se uniu Nanogap, outra biotech galega especializada en nanomateriales con potenciais efectos antitumorais. 

As catro empresas presentaron a súa solicitude ao proxecto Conecta-Peme 2016/17 baixo o nome Neogalfarma, co que desenvolverán cinco proxectos preclínicos contra diversos tipos de cancros. Concretamente, poderán estudar a eficacia e as sinerxías no tratamento do cancro combiando varias estratexias. 

Ademais do desenvolvemento de novas moléculas químicas, a nova plataforma abre a porta a na nanotecnoloxía e aos nanomateriales, co eobjetivo de aumentar o seu coñecemento e o seu portafolio de tratamentos contra a enfermidade. 



Comentarios