A avoa de Galicia celebra o seu 111 aniversario en Xermade

Celestina Penabad é a muller máis maior da comunidade e a sexta de España

A muller máis lonxeva da comunidade soprou as velas en Xermade, a terra na que pasou a maior parte da súa vida e á que regresa todos os veráns. Celestina Penabad, a avoa de Galicia, celebrou o 111 aniversario do seu nacemento en compañía do alcalde do municipio, Roberto García, que quixo felicitar persoalmente á anciá polo seu aniversario.

Acompañado dunha concelleira, o rexedor axudou a apagar as velas á centenaria, quen lle agradeceu o detalle e posou para os medios coa torta e os obsequios que lle entregaron, entre eles un ramo de flores.

Segundo os últimos datos, Penabad é a sexta muller máis maior de toda España. Naceu no concello chairego de Muras, pero viviu case sempre na parroquia de Roupar, pertencente a Xermade.

Comentarios