Centos de persoas defenden a "rendibilidade e sustentabilidade social" do monte galego 

Para os organizadores resulta "fundamental" modificar a "política forestal do PP" que, ao seu xuízo, está ao servizo da industria e "en dretimento das explotacións agrarias ou gandeiras"
Manifestantes este domingo polas rúas de Santiago. LAVANDEIRA JR (EFE)
photo_camera Manifestantes este domingo polas rúas de Santiago. LAVANDEIRA JR (EFE)

Centos de persoas manifestáronse este domingo en Santiago en defensa da "rendibilidade e sustentabilidade social" do monte galego, da biodiversidade e en favor dun "rural vivo". 

Con estas palabras, o secratrio xeral da CIG, Paulo Carril, sintetizou o obxectivo da protesta que se celebrou este domingo na Alameda da capital galega, á que tamén acudiron organizacións ecoloxistas, sindicatos e personalidades políticas como Ana Pontón (BNG) ou Antón Sánchez (Anova). 

Para os organizadores resulta "fundamental" modificar a "política forestal do PP" que, ao seu xuízo, está ao servizo da industria como a celusosa Ence e "en dretimento das explotacións agrarias ou gandeiras". 

"No canto de apostar pola creacion de riqueza, emprego" ou a compatibilidade doutras actividades, a Xunta presenta un plan forestal "de forma oscurantista" e ás costas dos sectores sociais e económicos afectados, apostilou. 

Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, apoia a mesma liña que expoñen os sindicatos. Considera que a clave está en "cambiar as políticas" para "enfrontar o reto do cambio climático" e "crear oportunidades económicas" para Galicia. 

Abandonar o plan forestal do PP, apostar por un monte multifuncional, recuperar especies autóctonas e producir madeiras de calidade son o catro alicerces que propón a representante nacionalista. 

Ademais, tamén apuntou á loita contra os incendios forestais desde a prevención, nun contexto "de expansión do eucalipto", unha especie pirófita, e "con previsións da Xunta de seguir incrementando a súa superificie". 

A nova política que reclamaron os participantes da manifestación ten tamén que ver "cunha xestión do ciclo da madeira" diferente, que dea lugar a recuperar o tecido industrial, porque "se corta moita madeira pero non se trata aquí", explicou Pontón ao respecto. 

Comentarios