Os centros de FP poderán reducir a duración das prácticas ou pasalas a setembro

Alumnos de Automoción en el CIFP A Xunqueira. DAVID FREIRE
photo_camera Alumnos de Automoción no CIFP A Xunqueira. DAVID FREIRE

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou as instrucións de flexibilización das prácticas formativas en empresas das titulacións de FP, para o alumnado afectado polo estado de alarma e a crise sanitaria.

Os centros poderán reducir a duración da formación en centro de traballo no período ordinario ata os mínimos legais, 220 horas en grao medio e superior, e 65 en FP Básica.

Doutra banda, poderán favorecer a realización ou finalización mediante o 'teletraballo' sempre que as empresas que ofrezan esta posibilidade e se realice un seguimento por parte do titor.

En ciclos de grao superior, doutra banda, poderase integrar o módulo FCT co de proxecto en único de 245 horas, mentres que en grao medio e básico poderase substituír por unha proposta de actividades asociada á contorna laboral.

Outras das novidades radica para aquelas prácticas previstas para fóra do período ordinario. Nese caso, poderían optar para realizalas antes do 31 de agosto, de modo voluntario e sempre que a empresa estableza as medidas necesarias para realizar o seguimento da aprendizaxe, ou a partir do 1 de setembro.

O alumnado de FP Dual realizará as actividades formativas segundo o establecido nos acordos de colaboración coas empresas. En caso contrario, se reprogramará a formación e planificaranse actividades de reforzo.

Comentarios