Clesa acepta a oferta de Feiraco para adquirir a planta de Caldas

Os administradores concursais de Clesa emitiron un informe ao xuíz do Mercantil no que aceptan a oferta presentada por Feiraco, de 10.200.000 euros, para adquirir a planta de Caldas de Reis, informaron fontes laborais.

No informe establécese que a planta vale máis diñeiro e que a oferta é baixa, pero decide aceptala ao ser a única presentada. Os administradores comunicaron a súa decisión ao conselleiro de Industria, Javier Guerra, con quen se reuniron recentemente en Madrid.

A xunta de seguimento, integrada polo comité de empresa e os portavoces dos grupos políticos no Concello de Caldas de Reis, reuniuse ás 13.00 horas a presidenta do comité, Dolores Ramos, xa avanzaba que estaba contenta e que a Xunta tiña constancia do citado informe. Feiraco comprometeuse a manter a totalidade do persoal, de 125 operarios, e incluso aumentala ao pretender elaborar natillas e iogures de froitas.

Un posible recurso da familia Ruiz Mateos é nestes momentos a maior preocupación dos traballadores, porque podería atrasar a operación de venda a Feiraco.

Comentarios