viernes. 14.05.2021 |
El tiempo
viernes. 14.05.2021
El tiempo

Coello di que non haberá "impunidade" no conflito entre feirantes

O delegado do Goberno en Galicia, pola súa banda, garantiu que os corpos e forzas de seguridade estarán "atentos" á disputa entre feirantes mentres continúa aberta a investigación do tiroteo no que foi ferido un xitano do clan dos zamoranos

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, asegurou este luns pola mañá que non haberá impunidade" no conflito entre vendedores ambulantes das últimas semanas.

Tras os graves sucesos nos mercadillos da provincia, incluído un tiroteo no de Coia (Vigo), que feriu a unha persoa, Coello reuniuse este luns con representantes da Asociación Galega de Ambulantes  e Autonómos (AGAA) e a Asociación de Vendedores Ambulantes do Morrazo (Asvam), así como xefes da policía nacional e Garda Civil, tras o que sinalou que a decisión de manter ou suspender máis mercadillos compete unicamente aos concellos e non pode "entrar".

Coello pediu "tranquilidade e acougo", sinalou que non hai "elementos novos" sobre os responsables dos disparos e pediu a "colaboración de todos" para resolver o caso.

Por parte dos feirantes, Francisco Romeu Alvite, de AGAA, criticou a decisión do alcalde vigués de suspender o mercadillo de Bouzas, "irresponsable" ao seu entender porque o efecto foi a saturación do de San Cosme no que puido "saltar unha faísca", e mostrouse "esperanzado" tras o encontro con Coello en que se impoña a lei" e se esixa en todos os mercadillos o alta dos vendedores ambulantes, e non que existan "paraísos fiscais" en mercadillos próximos.

Mari Carmen Viéitez, de Avam, comentou pola súa banda que en Cangas "non se pode suspender nunca máis" a feira polas actuacións de "un personaxe ou unha banda". 

Por outro lado, o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, garantiu este luns que os corpos e forzas de seguridade estarán "atentos" ao conflito entre vendedores ambulantes mentres continúa aberta a investigación do tiroteo no que resultou ferido un membro do clan xitano dos zamoranos.

Tras asistir ao comezo das obras de mellora na A-55 en Mos, Villanueva garantiu que tanto Garda Civil como Policía Nacional, en colaboración coas policías locais, porán "todo" do seu "parte" para garantir a seguridade dos ambulantes e dos usuarios.

Recoñeceu que o conflito é "un tema preocupante" e que o tiroteo da semana pasada tras a celebración do mercadillo de Coia foi "un feito grave", polo que engadiu que "a lei é para todos".

Villanueva apuntou a constitución dun órgano conxunto entre os corpos de seguridade e a Fiscalía, e recordou que son os concellos os que en todo caso regulan, outorgan as licenzas e acordan organizar ou suspender os mercadillos.

Sobre a investigación do tiroteo na vía de circunvalación VG-20, indicou que se segue coa toma de declaracións de testemuñas e vítimas, que existe unha colaboración "continua" coa Policía de Portugal, non só neste caso senón noutros, e que hai "varias liñas" abertas.

Polo demais, o delegado do Goberno incidiu na importancia de que se denuncien os feitos, e neste sentido revelou que podería haber novidades respecto diso.

Coello di que non haberá "impunidade" no conflito entre feirantes
comentarios
ç