O Congreso rexeita incluír o eucalipto no catálogo de especies exóticas invasoras

PP, PSOE e Ciudadanos votaron en contra da proposición de En Marea

A Comisión de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente rexeitou, cos votos en contra de PP, PSOE e Ciudadanos, unha proposición non de lei de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea para incluír o eucalipto no Catálogo de Especies Exóticas invasoras e frear así o seu avance en Galicia.

A iniciativa propuña iniciar o procedemento legalmente previsto para incluír o Eucalipto nitens no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, aprobado polo Real Decreto 630/2013 porque é unha especie exótica, invasora e que é cualifica de "perigosa" para o mantemento da biodiversidade e a funcionalidade dos ecosistemas galegos.

Tal e como explicou a deputada de En Marea Alexandra Fernández, defensora da iniciativa, esta especie experimentou unha gran expansión en Galicia, xa que se en 1972-1973 estaba presente en 131.181 hectáreas, o inventario de 1997 e 1998 ampliou a súa presenza a 396.344 hectáreas, o que supuña o 28 por cento da superficie da comunidade autónoma. De acordo con datos dispoñibles, a finais de 2015 a superficie de eucaliptales é de 500.000 hectáreas.

Fernández lamentou a falta de apoio de forzas políticas ante esta medida e, en referencia ao PP, denunciou que a súa postura é consecuencia de "un conflito de intereses" coa papeleira Ence, en cuxo consello de administración, segundo apuntou, hai exministros e exconselleiros, entre outros cargos políticos. "De xeito evidente hai un interese que non responde o interese xeral", apuntou.

Comentarios