Condenan á Seguridade Social a abonar o complemento de pensión por maternidade a un xubilado

A sentenza obriga a pagar o complemento desde a data da xubilación, e non tres meses antes da solicitude como pasara ata o momento
Abuelo, pensionsita, jubilado, gente mayor. AEP
photo_camera Un xubilado. AEP

O Xulgado do Social número 3 de reforzo na Coruña condenou ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) a abonar o complemento por maternidade ao demandante desde a data da súa xubilación, informa un bufete de avogados.

Esta sentenza é "pioneira" en Galicia, pois ata o momento todos os fallos sobre o complemento de pensión por maternidade dos homes condenaban a abonar tres meses de antelación desde a data da solicitude.

Neste caso, detalla o bufete coruñés Caruncho, Tomé & Judel, que defendeu os intereses do demandante, o INSS terá que abonar o complemento por maternidade desde decembro de 2017, momento no que o demandante iniciou a súa xubilación.

Este complemento foi considerado discriminatorio por distancias instancias xudiciais porque se outorgaba exclusivamente a mulleres que foran nais de dúas ou máis fillos, pero non a homes que cumprían as mesmas condicións.

Xa que logo, aqueles homes con polo menos dous fillos biolóxicos ou adoptados aos que se lles recoñeceu unha pensión de xubilación, incapacidade permanente ou viuvez entre o 01/01/2016 e o 03/02/2021, teñen dereito a obter este complemento na súa pensión, que se incrementa nun 5 %, 10 % ou 15 % en función do número de fillos.

Comentarios