Un condutor de autobús salva a vida a un home que sufriu un paro cardíaco

A intervención do chofer Guillermo Moreda, que empregou o desfibrilador co que está equipado o vehículo que manexaba, permitiu a reanimación do individuo
Autobús que cuenta con desfibrilador. EP
photo_camera Un autobús da empresa Alsa. AEP

O condutor dun autobús da liña que une as localidades coruñesas de Neda e Ferrol salvou o pasado 10 de xuño a vida dun home que sufriu un paro cardíaco ao volante.

A intervención do chofer Guillermo Moreda, que empregou o desfibrilador co que está equipado o autobús que manexaba, permitiu a reanimación do condutor de 48 anos.

Segundo informa a compañía Alsa, titular da liña na que traballa o condutor de autobús, o suceso ocorreu hai tres semanas no Puntal. Alí, o chofer viu como o coche que o precedía parábase na beiravía debido ao estado do condutor.

Tras pedir axuda ao 112, a central de urxencias animou ao profesional a usar o desfibrilador do autobús. Axudado por dúas viaxeiras, realizou tres descargas, o que permitiu salvar a vida da vítima, trasladada despois ao Chuac polos efectivos do 061.

Comentarios